A miña pluma recorre a páxina coma o fuciño dun animal estrano coa forma dun brazo humano vestido coa manga floxa dun sueter verde. Vexoacheirando a páxina sen cesar, concentrada, coma si fose un buscador de comida que non ten outra cousa na cabeza que as larvas e insectos que lle permitirán vivir outro día. Só quere estar aquí mañán vestida quizais coa manga dunha camisa a cadros, co nariz pegado á páxina escribindo unhas poucas e belas líñas mais, mentres eu ollo fixamente pola fiestra e imaxino a Budapest ou alguna outra ciudade onde nunca estiven…
Billy Collins, Imagining Budapest
Tantas veces imaxinada, finalmente tornouse en realidade. O negocio deu unha tregua ao ocio, e permitiume unhas horas de lecer que se transformaron nunha experiencia plena, vagar polas rúas dunha cidade descoñecida anque tantas veces imaxinada, onde ti tamén eres descoñecido; pero nunca imaxinado. A liberdade de sentir que eres capaz de facer o que che pete porque so existes ti e o teu ollo, eres invisible para realidade que te envolve. Porque eres un descoñecido. Porque nunca foches imaxinado.
A oportunidade de camiñar con aquel que admiras, de desfrutar en primeria persoa do legado de aquel outro a quen admira a humanidade enteira, de pisar as ruas polas que pasaron Capa, Kertész ou Brasaï, buscando o mesmo ca ti. Tan só 5 horas. 5 horas en Budapest, a cidade tantas veces imaxinada. 5 horas nunca imaxinadas.
—
Moi boa
Moi boa a serie
Gracias, David!