In domo Cauri

Nas lendas de gregos e romanos, Caurus era o nome do deus do vento do nordeste, o vento do país da morte. Para os asturicaugustanos, ese vento nacía na serra do Courel. Adentreime na súa casa para poder ver como alí morre o tempo, como por un intre se pode chegar a percibir esa sensación de que se pode perder a conciencia de cando están a ocorrer as cousas.

Vivimos unha epoca na que somos como o coello de Alicia, pendentes do voraz reloxio que come segundos coma si estes fosen infinitos. Afortuandamente aínda quedan recunchos onde o vento é o unico que pasa, vai e ven da súa morada; pero o tempo está detido. E si o tempo se detén, nós non somos nada, só e a natureza. O Courel é un deses lugares, unha pequena utopía ao alcance da man, que Magritte sería quen de pintar.

Esta tarde o aire é meu amigo.
Vounme sumindo sumindo.
Si o aire quer
chegarein a non ser ninguén.

Uxío Novoneira, 1969

This slideshow requires JavaScript.

 

Advertisements

Un comentario en “In domo Cauri”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s