Proxectos

 

  • Schnee
    - Oe, Abel, ¿ti que eres?
    
    - ¿Eu? Traballo como consultor de enxeñería.
    
    A neve e as montañas forman parte dos meus recordos dende que teño memoria. Pero chegou a despedida. Vivir noutro lugar, lonxe. Non hai espazos abertos. Todos os meus rincons vanse enchendo de morriña e de desexos de votar á brancura, ao frío. A vida arrastrounos ás veces a paraxes onde non desexamos ficar, porque non somos nos. Téntoo unha e outra vez. Decepción. Incomprensión. Pero a montaña é amor e vontade. Cando respiraches os seu alento aprendes a non rendirte. Coñézoa. Desexo compartir o frío e a inmensidade. Ela ven comigo. Estar, disfrutar. Saboreamos a liberdade. Recupero o meu ser.
    
    - Entón, Abel… ¿ti quén eres?
    
    - ¿Eu? Eu son un esquiador.

  • Elefantes
    Próximamente...

  • (c) Abel Pereira Matalobos, Vigo. Prohibido el uso de la imagen sin el expreso consentimiento del autor.In domo Cauri
    No marco do curso de fotografía de autor "Paisaxes Interiores", dirixido por Fuco reyes en Xullo de 2014, xurde este traballo coma o primeiro proxecto criado e forma consciente. Unha grande experiencia polo resultado obtido e polo aprendido, tanto do mestre, coma dos compañeiros como de min mesmo. Só agardo que este sexa un punto de partida.