Sobre min

Esquiador empedernido, mariñeiro inexperto, corcheiro principiante, corredor fracasado... e agora tamén, fotógrafo afeccionado.
Nacín un luns (cousa irrelevante) no ano 76, en Lörrach, unha pequena cidade do suroeste de Alemania, e plena Selva Negra. Perto de alí, nun pobo chamado Kandern vivín ata os 6 anos. A miña infancia, os 8 anos, seguintes paseinos en Vea, unha pequena zona no concello de A Estrada; despois mudeime por mor dos estudos a Calo, un pobo de Teo a tan só 6 quilómetros de Santiago de Compostela, onde permanecín outros 11 anos, para finalmente, no ano 2001, establecer a miña residencia en Vigo por motivos laborais.
Sempre me inquedou a fotografía. Sen embargo, unha formación mais ben técnica e a escasa oportunidade de desenvolver no terreo artístico fixo que esa inquedanza fose como mero espectador, pois en ningún momento alberguei esperanzas de poder ser capaz de crear.
Nunca tiven mais que cámaras fotográficas de baixo nivel, ás que nin siquere era capaz de sacar partido. Só disparos sen ningunha intención artística; simplemente souvenirs, probas gráficas de que tiña estado en certo lugar oou acontecemento. Polas miñas mans pasaron unha Hanimex 110 de carrete, unha bridge HP PhotoSmart 945 e finalmente unha Panasonic DMX-TZ20 compacta, que me foi roubada en Estambul en novenbro de 2011.
Sen embargo todo deu un xiro inesperado o 5 de maio de 2012. Aproveitando o baixo prezo das entradas, acudín ao Grande Premio de Portugal de Motociclismo no circuito de Estoril con meu irmán e outras dúas persoas. Meu irman xa tiña unha cámara reflex dixital, o modelo D7000 de Nikon, que, por suposto, levou ao mencionado acontecemento. Unha vez farto de disparar, deixoume a cámara cunha breves instruccións, co cal comecei a tantear e a comprender que tocando axeitadamente cada control podería obter diferentes "efectos" sobre a fotografía, que xerarían distintas sensacións.
Isto foi a mecha que prendeu a pólvora, pois aos 10 días, o 15 de maio de 2012, tiña nas miñas mans a miña primeira cámara reflex dixital, unha Nikon D5100, e unhas inmensas gañas de aprender e progresar. E así comezou todo ata o día de hoxe, e os que quedan por vir.
Son unha persoa que me gosta destacar no que fago. Ou o fago ben ou me frustra o proceso, e teño perigo de acabar abandonando. Así me pasou en numerosas actividades, incluso me custou moito sobrepoñerme no esquí, a mais grande paixón que teño na vida. Sen embargo isto non me está a ocorrer coa fotografía; a frustración inicial, arrastrada durante anos, de non pensar ser capaz de crear nada con sentido artístico, fai que o proceso de aprendizaxe sexa maravilloso, pois cada paso, cada evolución, cada novo logro ou coñecemento son un regalo da vida e só teño que botar unha ollada retrospectiva  para decatarme do que era capaz de facer, do que logro agora e sentir rexurdir esas gañas de seguir progresando. Es so agardo que ista sensación siga así durante moitos anos.
Só agardo que disfrutes coas miñas fotografías unha mínima parte do que eu disfruto facéndoas. Grazas por seguirme.
Advertisements

3 pensamentos sobre “Sobre min”

    1. O que manda carallo, Nacho, é que ti o vexas mais claro ca min mesmo… As conversas contigo sempre axudan a seguir adiante. Grazas polo alento. Unha aperta para ti.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s