Sobre fotografía e o Olimpo

Hay pouco tiven a sorte de poder asistir a un taller sobre fotografía, no que se abordaría a situación actual e vindeira da fotografía no noso país. Un día fabuloso, un local magnífico cunha organización á altura, e o tema bastante interesante. Quizáis en todo isto radique a clave do asunto, pois todos esos factores inducen a unha xeneracón de expectativas que por seren elevadas, moitas veces corren o risco de non verse cumpridas. E tal foi o caso.

Entre outros persoeiros, na mesa redonda ía estar Vari Caramés, recoñecido fotógrafo ferrolán, bastante castigado polas críticas de que só fai fotos movidas e desenfocadas. Ben, podería valer a pena escoitalo só por aprender qué non facer…

O caso é que cando me dou conta estou asistindo impávido a unha conversa entre intelectuais, que se dirixen uns aos outros, tratando temas tan abstractos como a xestión cultural en xeral, a falta de medios materiais e económico, a deriva do xénero ou a falla de iniciativas. Apaixoante… Despois dun descanso para un café (merecido, sobre todo pola parte do auditorio), arranca de novo a charla con Vari Caramés. Anque nun extremo do estrado, a súa postura é clara, franca, de frente ao público. Fala para eles. De cousas mais ou menos trascendentes ou interesantes, niso xa non vou entrar, pois é unha cuestion propia de cada ouvinte. Pero con honestidade e con valentía, falando á xente que se congregou alí para escoitar cousas de xente ás que se lle supón que poden aportar algo.

Despois da intervención do de Ferrol volvemos á tónica habitual ata o momento, a charla de costas ao auditorio, cunha actitude que me pode chegar a parecer ata irrespetuosa e dende logo, completamente falta de idea de que lugar se está a ocupar. E todo isto digoo sen entrar a enxuiciar o discurso, só falo da actitude. Nese momento comecei a facerme a verdadeira idea da estratificación da fotografía. Estaba a escoitar ao Olimpo. E como deuses, non se dirixen aos mortais; só falan entre eles.

Con ese panorama, pouca predisposición son capaz de sacar para atender ao discurso de unha maneira positiva. Oese falar do mal que está todo, de que apenas se obteñen fondos para cubrir custes, para acto seguido falar de recentes viaxes ao Nepal ou a Islandia, pero non para facer fotografía de paisaxe típica, senon para retratar a nada e o ser interior… Pois que a fortuna me garde de que o meu ser interior se atope no medio de Australia, porque me vou arruinar para fotografialo! Despois de mais queixas (e de dicir que non hai que queixarse), a conclusión final é que hai que fomentar o networking e o asociacionismo, e a min quédame a pregunta de quén é merecente de entrar nesas redes; porque dende logo non da a impresión de que queiran contar con calquera, si non que mais ben semella que están a lanzar mensaxes entre os que forman ese concilio de deidades fotográficas, a ve si xurde algo.

Góstame ver o lado positivo das cousas, e sacar sempre polo menos unha idea, unha conclusión ou unha reflexión que me poida servir para o futuro. En primeiro lugar, que é preferible deixar de facer caso de perrechadas qeu se din por ahi adiante, e agardar para facerse unha idea propia por un mesmo. No caso de Vari Caramés serviume para comprender mellor por qué fai o que fai e poder engadir un referente mais ao moito que me queda por aprender. E por outra banda, tamén me quedou bastante claro que, sendo que son e atopandome onde me atopo (nese estrato mais baixo de puro amador da fotografía) non paga a pena fixarse neses modelos que ocupan tan altos cumios. A fin de contas, o heroe do pobo sempre foi Hércules, que tiña algo de deus, pero nunca deixou de considerarse un mais dos mortais.

Moitas grazas, señor Caramés, pola deferencia de falar para os das sillas plegables.

© Vari Caramés
© Vari Caramés
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s