O por qué do cambio

Canto mais intento alonxarme da imaxe de “fanboy” de unha marca fotografica, mais parece que me convirto nun deles. E prometo que ningunha delas me patrocina!! (Ainda que isto último é obvio…)

Recentemente puxen á venda a meirande parte do meu equipo fotográfico Nikon, cunha fabulosa cámara Full Frame e varios obxetivos moito mais que decentiños. Enésimo cambio, e agardo que sexa o último, polo menos no que se refire a sistema.

A miña decision sorprende a moitos dos meus coñecidos, pois afortunadamente puiden ir facendome cun equipo moi digno, e para moitos estou a dar un paso atras. ainda que eu non o vexo asi, por suposto.

Cando cambiei da Nikon D7000 á D600 era un paso que moita xente asume como normal. O cambio de APS-C a Full Frame, o sensor equivalente ao negativo de 35mm, o que parece ser a meca dos fotocaptores (co permiso dos respaldos de Formato Medio, claro…). Ou polo menos, o cambio lóxico para o mais comun dos mortais. A ilusion de que co sensor de tamaño equivalente vas a obter mellores fotografias. E ao 100% asi non é. Evidentemente facilita moito as cousas, permite salvar situacions antes impensables e abre a porta a certas posibilidades non ao alcance co formato anterior. Pero a realidade é que se pode vivir perfectamente sen esa aportacion extra, e non é certo que a fotografia de cada un mellore por pasar a unha camara de cadro completo. Dende logo que mellora moito menos que gastando a mesma cantidade de cartos en formacion, por poñer un caso!!

De todos xeitos, é unha etapa que quizais sexa preciso queimar, e considerome afortunado de poder facelo. Agora desando o camiño e dou o que pode parecer un paso atrás: desfágome da maravillosa Nikon D600 con sensor Full Frame para voltar ao APS-C. Pero cun cambio de sistema. Tendo xa unha Fuji X-Pro1 como equipo de apoio, mais ben pensada como cámara de viaxes, decidín adquirir un segundo corpo de Fuji, unha X-T1. Esta vez o cambio obedece a criterios estrictamente operativos. Funme decatando que para o tipo de fotografía que me interesa non preciso un equipo baseado en corpos reflex. Un peso considerable, un tamaño que non permite pasar desapercibido… e total para ñracticar un xénero de fotografía que hoxe en día é posible abordar con equipos de dimensions mais contidas. Xa a miña cabeza estaba a matinar nun segundo corpo do sistema X de Fuji dende un workshop ao que tiven a sorte de poder asistir e probala; pero o último taller no Courel fixome caer da burra. O que teóricamente ía a ser unha actividade adicada á fotografía de paisaxe acabei realizándoa íntegramente coa Fuji X-Pro1 e o obxetivo 14mm f/2.8. A Nikon nin siquera saíu da mochila.

Así que me paso a outro sistema, nin paso atrás nin paso adiante. Mais ben paso a un lado, coa idea de obter mais diversión e mais pracer no proceso fotográfico, e sendo moi consciente de que o resultado final non vai depender do que teña entre as mans, senon nos 30 cms que hai por detrás da cámara, como dicía Ansel Adams.

20140727-224159-81719816.jpg

Advertisements

Un comentario en “O por qué do cambio”

  1. …dende logo non son de dar coba….tampouco de estar a miudo….pero de cando en cando algo se me fai interesante e coido participar……a miña opinion tio de foto seria de perfil no teu blojjjj….non difiro nin tan siquiera medio milimetro…porque non porque o diga Ansel Adams….senon porque ainda que a fotografia ten uns canons y estan ai para pasar por eles de igual maneira son interpretables y dende logo manipulabels porque quen o queira asi faer…..en resumo….a un fotografo non o fai unha camara….
    Nacho pazos…eterno aprendiz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s