The snow sessions: Incongruencias

La Llomba
La Llomba

Hai cousas que non teñen xeito. Colles a telesilla da esquerda na zona media de Fuentes de Invierno, e vas subindo ata que chegas a un hombreiro do pico La Llomba. Ves a escea, sacas a cámara e “click”. Xa tes a foto. Mentres gasrdas a cámara non podes evitar ver como alá embaixo no fondo do val de Riopinos, discorren as pistas das veciña estación de San Isidro. Quen me dera poder baixar por esa pendente que teño aos meus pes, e despois poder voltar para reunirme coa miña xente e proseguir o día de divertimento. Pero non vai ser doado de facer, non.

Mentras no centro de Europa se conseguen acordos para contruír espazos de esquí internacionais, onde podes pasar de Suiza a Italia, ou de Austria a Suiza, e despois volver cómodamente nun medio mecánico compartido, neste país que nos tocou vivir non somos quen de unir unha estación de esquí asturiana con outra que está en Castela e León, apenas separadas por uns metros.

Levamos coa batalla anos. Agora buscamos excusas dicindo que non é tempo de facer este tipo de investimentos cando non hai cartos para outras cousas. O que algún non parece comprender é que non se fai para divertimento de un cantos. Eses cantos que nos divertimos deixamos cartos en aloxamentos, en comidas e bebidas, en clases de esquí, en alugueres de material e en toda caste de servizos que rodean á neve. Cartos que deixamos (encantados) na comarca, cos que a xente pode seguir mantendo o seu medio de vida. E cartos que poden aumentar significativamente de chegar a constituírse o maior dominoi de esquí na cordilleira Cantábrica, cun poder de atracción significativamente superior ao actual.

Eles dirán o que lles conveña. Pero visto dende o outro lado, simplemente parece que uns poucos están dispostos a deixar tirados a poboación de unha comerca só polas cores do signo político que os dirixe, e os mantén nas cómodas poltronas ás que conseguiron trepar.

País…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s