Unha de rango dinámico

Este domingo, esquiando en San Isidro cun día claro e nunha pala coa neve de costas, decidín tirar unhas fotos de acción. Como realmente estabamos ao que estabamos (a esquiar) non tiña gañas de enredar moito, así que deixei que a cámara fixese parte do traballo, configurándoa en prioridade á apertura. “Keep calm and trust your gear”, que driría Thomas Leuthard.

Diego e Juanín botáronse pola pala embaixo, tirei un par de ráfagas e cámara á mochila, que era o meu turno. Despois da baizada fomo cara o bar de Riopinos, que nos esperaba alí o resto da tropa, e mentres os camareiros tardóns nos facía agardar por uns miserables bocadillos, decidín botar unha ollada ás fotos que sacara. Vaia… Craso error deixar que a cámara fixese o que lle petoase en gaña: as fotos completamente queimadas. Ben, outra vez sería, pois aínda nos quedaban liñas por explorar nesa pala. decidín que non sería mais día de fotos, pois o tempo esgotábase e as pernas pedían tralla, deixando na tarxeta truños de fotos coma esta:Burned

 

Xa o luns na casa, descargando a tarxeta, decidín xogar coas fotos queimadas, a ver que se podía facer. E o RAW da Fuji mais Lightroom tiñan unha sorpresa agardando por min… Eu sempre fun mais de dereitear, para poder levantar despois as sombras sen que apareza demasiado ruido electrónico, como soe suceder (ao mais puro estilo Mellado, vamos), aínda que últimamente estaba tirando moito co fotómetro centrado, confiando no bo facer do sensor full frame de Nikon D600 e no X-Trans da Fuji X-Pro1. Iso sí, cando unha foto estaba queimada, estaba queimada e punto. Tirar con ela e a pensar noutra cousa.

Sen embargo a sorpresa veu cando, ao baixar 2 EV de exposición, comezou a aparecer detalle nas altas luces, sen apenas banding mais que en lugares puntuales, e case inapreciables. Axustes varios de contraste, sombras e algo mais de enfoque, e quedou unha foto bastante válida, ou eso penso eu. Por si queredes xulgar vós mesmos:
Saved

Esta Fuji e o seu sensor están a sorprenderme cada día mais…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s