The snow sessions: Hors-piste

Hors-piste
Hors-piste

Cando as pistas se enchen, a neve non está no seu mellor momento ou teño gañas de sensacións fortes, recurro ao esquí fora de pista. Abandoar as zonas pisadas para trazar diagonais ou camiñar co equipo ás costa nas busca desa pala con neve perfecta, inmaculada, na que deixar unha firma que mirar con fachenda dende abaixo.

O fora de pista mestura a excitación de inclinadas palas interminables coa calma do silencio e a visión da paisaxe aos tus pes. E a liberdade… Mentres ringleiros de formigas de cores discorren polo cauce marcado, ti eres un rebelde que os mira dende enrriba con un punto de chulería, sabendo que escolliches o camiño polo que baixar.

Eres ti e a montaña, un pulso amable, no que o mellor resultado é un empate. Por un intre formas parte da montaña, e a montaña forma parte de ti. Pero debes ter coidado, pois a esa falsa mansedume pode tornarse nunha feroz labazada si a provocas. Non te podes deixar enganar pola falsa calma, o corazón latente da montaña pode facer que todo acabe nun desastre. Polo que convén ter coñecementos e ser prudente. Trátaa ben, e ela recompensarate como é debido.

Na foto Juan Fernández, local de San Isidro. Enorme esquiador, e mellor persoa.

 

Advertisements

5 thoughts on “The snow sessions: Hors-piste”

  1. Un placer haber tenido la oportunidad de compartir bajadas contigo Abel!! Me llena de orgullo salir en tus fotos.

    Buenas líneas de las que dejan huellas profundas, como los buenos amigos.

    1. EL placer ha sido mío. Te tengo que agradecer que me hayas invitado a ver San Isidro desde tu perspectiva, pues he de confesar que es una estación que tenía algo denostada, por aburrida, y tu has vuelto que me vuelva adicto de nuevo, con lo que hemos hecho y con lo que hemos visto. Solo deseo que estas bajadas sean las primeras de muchas más.

    1. Poeta? Literato, mais ben, que rima creo que non fixen ningunha… XDDD. Moitas grazas polo comentario, Alberte; síntome profundamente complacido si fun capaz de transmitirche anque só fose un leve atisbo do que eu sinto cando estou aló enriba. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s