The snow sessions: A orixe de todo

La Pleta
La Pleta

Ordino-Arcalís, 10 de febreiro de 2007. Daquela aínda se chamaba así a estación, que había pouco que entrara a formar parte do dominio de Vallnord. Chegamos para pasar 4 días en Andorra, coa firme intención de que os 2 días que experimentáramos a neve o ano anterior en San Isidro non ficasen nunha mera anécdota. 4 días que afrontábamos cheos de gañas e ilusión, con roupa axeitada, con equipo de esquí propio… 4 días que pasamos na pista verde La Pleta, dende que nos meteu alí a nosa monitora arxentina ata o día que marchamos. Fixemos algún intento por outras pistas mais complicadas, pero despois de levar algún que outro lapote, seguimos ao noso: aprender. Fartámonos de ver esta imaxe, incontables veces durante 4 días cada vez que saíamos do telesquí, obstinados en que nos gostaba a neve, e que a intención de conseguir esquiar era firme coma un penedo.

Pasaron os 4 días. E 7 anos. E agora estamos aqui. Hai poucos días que Isa baixou por primeira vez en neve fresca entre pinos; calquera que a vira non sería capaz de dicir que era súa primeira vez…

E pasarán anos e seguiremos aqui. Porque a neve, a montaña e o esquí son xa unha parte de nos e da nosa forma de vivir, que nos fai desfrutar, que nos fai esqueces e que nos une aos dous.

Foi emocionante volver a Arcalís; sempre terei un grande recordo desta estación. E de La Pleta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s