Sobre plans de futuro

Que a fotografía engancha e absorbe por completo é un feito que pode constatar calquera que se tome isto algo en serio. Chega ata tal punto que en determinado momento non é suficiente só con disparar, revelar e colgar, si non que comezas a plantexarte outras actividades de mais enxundia. E isto é o que me está a acontecer nestes intres, e me motivou a tomar parte en dous proxectos que están xa a dar os seus primeiros pasos.

GalizaBN

O primeiro deles é un proxecto de colaboración. Hai xa un tempo que formo parte de un colectivo chamado “Galiza Branco e Negro”, ideado e liderado polo bo amigo Juanma Abelleira Ronquete. O concepto é bastante sinxelo: un grupo de afeccionados galegs á fotografía que editan as súas tomas en branco e negro. Moi básico. Pero moi productivo. a cantidade de obras que se suben é grande, e cada día o grupo conta con mais membros. Isto orixinou a posibilidade de crear unha exposición colectiva itinerante, da que formarán un número de entre 20 e 30 autores, aportando unha obra cada un. A intención é poder comezar a percorrer diferentes cidades da xeografía galega alá polo mes de marzal, non deixando de lado tampouco a posibilidade de saír do país. Colaboro na organización da exposición xunto co mencionado Juanma e con Alberte Alonso Pereira, dous grandes entusiastas da fotografía en branco e negro. Abofé que pasaremos intres divertidos, tanto organizando como expoñendo.

Wagstätt-Wurzhöhe
Wagstätt-Wurzhöhe

O segundo proxecto é de caracter persoal, que é algo que andaba a procurar hai tempo, sen acadar a idea que me convencese para ir adiante. Tivo que ser unha boa amiga (grazas, Marga!) a que me comentou que a miña fotografía a caracterizaba un tema nada frecuente na xente do noso entorno, froito desa outra paixón insana que teño polo esquí. E será arredor disto do que vai xirar este proxecto. Aproveitando que teño xa algunhas tomas, tentarei ir coordinando unha colección de fotos que leven ao publico que é o esquí dende o meu punto de vista. É ben certo que é un deporte cunha imaxe un tanto elitista ente a opinion xeralizada, e precisamente o que pretenderei é cambiar esa visión mediante imaxes. Esa idea de ir a Baqueira ou a St. Moritz no Porsche Cayenne, beber Möet e cruzarse con VIPs é só para algúns. Outros exprimimos do esquí paisaxes maravillosos, comunión coa natureza, enfrontarte aos teus medos, compañeirismo, dor… Todo iso será o que tente plasmarneste proxecto, que probablemente será un “Work in progress” perpetuo, pois espero nunca deixar de aportar imaxes á colección. Non teño un título aínda, pero varias alternativas dan voltas polos miolos, e o proxecto verá a luz ben despois da viaxe a Servaus en febreiro ou unha vez rematada a tempada aló polo mes de maio, todo dependerá da xenerosidade da climatoloxía.

Saíndo da nube
Saíndo da nube
Advertisements

2 pensamentos sobre “Sobre plans de futuro”

  1. Noraboa por todos eses proxectos, a min non me cabe ningunha duda de que sairan adiante e con moito éxito. Esa garantía vai atestiguada no teu entusiasmo e na gran pasión que sintes por este increíble mundo da luz…

    Un bicazo!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s