The Gambler

Como xa comentei no meu post anterior, o día 6 de novembro, estando de viaje en Budapest para visitar unha exposición no Museo Nacional Húngaro, titulada “Robert Capa, the gambler” (Robert Capa, o xogador), debido á súa insana afección aos xogos de cartas.

Robert Capa, the gambler
Robert Capa, the gambler

A estas alturas da vida non vou desubrir a ninguén quen era Robert Capa, ou Endre Ernö Friedmann, o seu nome de pila. Húngaro de bnacemento, foi un dos mais notables fotoperiodistas da historia da fotografía, contemporáneo e íntimo amigo e Herni Cartier-Bresson, xunto con quen fundou a axencia Magnum, ademáis de algúns outros notables.

Bessamatic
Bessamatic

Moito mito xira ao redor de Robert Capa. Un dos que mais fundamento teñen é que, tras adoptar ese alcume que soba a yankee para poder vender mellor as shas fotos, moitas delas foron feitas por Gerda Taro, a súa amiga, amante e compañeira de traballo. Pouca importancia ten. Son fotos xeniais, e pouco mais hai que dicir. Pero para chegar a esta conclusión fai falla poñerse en pé diante desas fotos e facer unha composición de lugar para poder poñelas en valor. E por ahí vai o fío argumental.

Contax
Contax

Outro mito versa sobre a súa famoso foto do miliciano caendo despois de ser abatido. Din as malas linguas que é artificial, que é un posado. O fulano simplemente tropezou; ou deixouse caer, despois levantouse, sacudiu a terra do uniforme, deulle a man a Ernö e marchou asubiando. Moi ben. E qué? Só fai falla ver o resto da exposición (e só resume o mais salientable da súa obra) para comprender que iso é unha soberana parvada. A foto en si mesmo é mala, o encadre é mellorable, o miliciano sae con pes cortados, e intúese que o horizonte cae á esquerda. Aínda así, asumamos que a foto está trucada. E qué? Só hai que facer composición de lugar: conflictos bélicos e revoltas sociais do mais variado, cámaras analóxicas, nas que non había oportunidade de disparar unha ráfaga e comprobar no display o que sacaches, a necesidade de revelar e positivar en tendas de campaña… E todo iso está reflexado no resto de fotos de Robert Capa. E para iso teñen que darse dous factores: o primeiro, ter un absoluto talento fotográfico; e o segundo, estar ahí, mascando a acción. Esas fotos non se obteñen dende un satélite min cun superzoom do carajo. Hai que estar alí, no medio das bombas, dos tiros, do sangre e do medo. O valor da obra de capa non se circunscribe únicamente a unha foto mais ou menos polémica.

O miliciano
O miliciano

Mais aló da foto do miliciano, que ten ese aura de foto mítica, impresionoume unha serie tomada na Segunda Guerra Mundial. Na primera toma vese un soldado aliado caído nunha fiestra, sangrando pola cabeza despois dun disparo certeiro dun francotirador nazi. Nas seguintes 4 fotos vese aos compañeiros do aliado correndo pola rea na busca do asasino do seu compañeiro, completamente expostos. E para poder sacar esas fotos cun 35mm non hai mais remedio que estar alí. Igual que as fotos de Omaha Beach, o primeiro dos desembarcos en Normandía. Si, efectivamente, si estás a ver esas fotos é porque o fotógrafo estaba alí, nese momento completamente pegado á acción, durante un intre que marcaría a historia da humanidade.

Na mostra vense fotos súas dos primeiros anos do fascismo en Hungría, da Guerra Civil Española, da Segunda Guerra Mundial, da Resistencia chinesa á invasión por parte de Xapón, das revoltas de Paris, a elección do presidente mexicano Ávila camacho e finalmente da Primeira Guerra Indochina, na que faleceu tras pisar unha mina.  Ademais diso tamén hai obxetos como as súas cámaras, as tendas onde revelaba e numeroso material censurado, que non puiden desfrutar (mágoa de non entender unha miserable verba en húngaro…).

Deixemos de lado, polo tanto polémica fútiles sobre si o miliciano morría nese momento, estaba posando, ou simplemente foi un resbalon, como aseguran moitos. Aceptemos incluso que é certo, pero o resto de fotografías dos mais de 70.000 negativos que produciu só atestiguan a xenialidade deste corresponsal de guerra que veu ao mundo e deixouno narrando a crueldade da guerra desde as súas mesmas entrañas.

“Si a túa foto non é suficientemente boa, é que non estabas suficientemente perto”

 

Robert Capa, por Henri Cartier-Bresson
Robert Capa, por Henri Cartier-Bresson
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s