Masterclass

Dos días 4 a 5 tiven que viaxar a Budapest por mor do traballo. Este tipo de viaxes non son especialmente agradables, pois o traballo non deixa tempo para o ocio, e ademais desta vez tocoume viaxar o domingo anterior, saínda da casa a 9:30 para chegar ao meu hotel ás 19:30. Pero en fin, o traballo é o que ten, a ademais, desta vez, ía a ter unha recompensa.

Un días antes, o fotógrafo de rúa suizo Thomas Leuthard posteou no seu Facebook que ía estar en Budapest durante 5 días. E aaia, o seu último día, luns 4, coincidía co meu primeiro… Si che interesa a fotografía de rúa seguro que tes oído falar del. Afincado no pobo de Zug, é un fotógrafo que a pesar de levar unha traxectoria relativamente curta no tempo xa se fixo un lugar na comunidade mundial de “street photography”. Eu persoalmente descubrino case ao principio da miña andadura fotográfica, e dende entón sigo o seu traballo, considerándoo, na miña modesta opinión, un dos Top 10.

Pois ben, tería eu a sorte de que ir de andaina fotográfica con él? Pois si! Intercambiamos uns mails e decidimos vernos para un photowalk ás 10:00. Debido a que deixaba Budapest ese mesmo luns día 3 de novembro e tiña que voltar ao hotel a recoller ás súas cousas, podería estar polas rúas un par de horas.

A miña primeira sorpresa foi ao atoparme con él na parada de tranvía Oktogon Tér, pois non había ninguén mais; sería unha masterclass particular. Pois nada, a aproveitala! Presentámonos e o primeiro que fixo él foi coller o trebello que me colgaba do pescozo, mirouna e dixo: “Unha Fuji… Moi ben!”. Ahí acabouse toda a charla de ferros e cristais, cámaras e obxetivos e demais chatarra. Todo o que viría a continuación xiraría arredor de luz, composición, contido, actitude… De fotografía de verdade, non de electrónica.

Nun primeiro momento achegámonos á estación central de tren, e de alí comezamos a dar voltas, meténdonos no metro, voltando a saír, deambulando por rúas e galerías… E a cada paso un truco, un consello ou unha axuda para que eu fixese o mesmo. E ademais diso, o privilexio de veo traballar a él. Frescura, espontaneidade, mimetismo, descaro… O xeito de ir sacando o traballo adiante é espectacular, xa non só polos resultados, senón pola maneira de facelo. Plantarse diante de unha persoa sen mirala, apuntala co obxetivo a menos de 2 metros, disparar e marchar con unha nova peza cobrada fan que a fotografía de rúa, véndoo a él, adquira certas semellanzas coa caza. En ningún momento establece contacto visual cos ollos do seu suxeito; si o fai, será só a través do visor da cámara. Deambula con total parsimonia, pero decidido. Parece un simple turista entre millerios a quen ninguén presta atención. E nun momento levanta a cámara, encadra, enfoca e dispara.

Outra das claves, para min, é atacar a xente que está a facer algo. Esas persoas teñen cousas na súa cabeza, e non van a estar pendentes de ti nin da túa cámara. Tamén inflúe o tipo de cámara, e isto experimenteino eu en Estambul. Non podes saír a facer fotografía de rúa cunha full frame con grip e un 70-200 f/2.8. Necesitas algo pequeno e discreto, que non te faga parecer un paparazzi, pois o interesante é estar enriba da acción, envolto por ela sin que se che note, e non a 30 metros. É ahí onde a Fuji X-Pro1 se defende como peixe na auga. Ou as Olympus OM-D E-M1 de Thomas. Porque leva dúas: unha cun obxetivo de 35mm. para esceas de rúa e outra cun 90mm. para retratos roubados. E configuradas en modo automático, con disparo en ráfaga e saída dual en RAW e JPG en branco e negro. “Confía na túa cámara” se farta de repetir. É raro que che den unha mala sorpresa, e na rúa a velocidade é importante. E a prioridade é o enfoque, polo que non queda moito tempo para facer axustes manuais.

O momento mais espectacular foi cruzando un paso de peóns nunha rúa calquera. Na beirarúa de enfrente había 2 rapazas de pé, unha suxeitando un paraugas e a outra sostendo o mapa que estaban a consultar. De repente Thomas quedase parado a metro e medio delas, encadra, a do paraugas levanta a vista e óese un “CLACK, CLACK, CLACK…” moi suave. Xa está. Elas nin se inmutaron; deberon pensar “Vaia un tipo chalado… a ónde é era que queríamos ir?”. O resultado foi este:

It's not a gun, it's only a camera..., by Thomas Leuthard
It’s not a gun, it’s only a camera…, by Thomas Leuthard

Ao final as 2 horas convertíronse en 5, de fotos e charla, moi amenas, moi didácticas… e moi breves, coma sempre pasa que estás en boa compaña. Como dato anecdótico, mostrouse moi interesado no traballo desa gran compañeira que é Marga P. Díaz, parecéndolle un tipo de fotografía moi interesante, e que podería considerar como alternativa para esos días os que o tempo non acompaña para saír á rúa.

Para rematar, deixo aquí unha fotos de acción, onde o artista está presente. Vielen danke für alles, Thomas!!

_S140279 _S050257 _DSF0232

Un par de ligazón sobre el:

http://www.xatakafoto.com/entrevistas/thomas-leuthard

http://www.thefocalestudio.com/thomas-leuthard-fotografo-de-calle.html

A parte fotográfica da viaxe non rematou ese día, pois o mércores tiven a ocasión de ver unha exposición do mellor fotógrafo húngaro e un dos mais grandes da historia: Ernö Friedman, mais coñecido com Robert Capa. Pero iso imos deixalo para outro post, que si non quedo sin nada que escribir.

Advertisements

8 pensamentos sobre “Masterclass”

  1. Estas feito un friki. Espero que mañan poidades vir, e xa de paso facer unhas fotos tan boas coma estas…

    > El 15/11/2013, a las 14:24, Birnbaum Photography escribió: > > >

    1. Pois debes agardalo, porque eres tí a que o fai posible. A calidade do teu traballo está fora de toda dúbida, Marga.

  2. Boa entrada Abel, eu tamén sigo a Thomas dende que enmpecei nisto da fotografía, pois a de rúa é a que máis me gusta.
    Algo puxeches o outro día de que vai vir a Porto, xa avisará el no seu face, e senón, espero que me avises ti.
    Saúdos

    1. En principio xa ten reservada viaxe a Barcelona na proxima primaveira. Comenteille sobre Porto e dixome que era un destino que lle suxeriu moita xente, e igual era unha opcion para a seguinte.
      Seguro que publica algo, si non eu estarei ao tanto.

    1. Gracias, Siqui! El tuyo también me ha gustado mucho, interesante pero con sentido del humor. Tiene un seguidor más. 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s