Tradición

Jochberg
Jochberg

Quedan 35 días, para que comece unha nova tempada de esquí, e xa comezo a pensar en branco.

En febreiro deste ano viaxamos ao Tirol, en Austria; concretamente á zona de Kitzbühel, considerada un dos berces do esquí alpino no mundo. Debido a que o xeonllo de Isa non estaba ao 100% tiven que esquiar un par de días só; un deses días decidín facerme un “maratón” tentando percorrer a maior parte da estación de Kitzbühel. Nunha desas idas e vidas coñecín o sector que corresponde á antiga estación de Jochberg. Sendo unha das primeiras en anexionarse ao macrodominio, leva bastante tempo sen recibir modificacións, e por iso non é unha área demasiado concurrida. Foi unha verdadeira gozada poder baixar por uns fora de pistas maravillosos, cargados de neve fresca para rematar no centro do pobo tomando un chocolate quente, e de seguido coller unha antiga telesilla de 2 prazas para volver atrás. Polo camiño puiden parar a tomar varias fotos, como esta panorámica do pobo de Jochberg que amoso nesta entrada.

Este ano o sector de Jochberg inaugura un novo telecabina, que seguramente reduza á metade o tempo de ascensión, ademais de poder ir a cuberto e quentino, polo que de novo volverá a ver as súas pistas ateigadas de xente. Sen embargo, si algún día volto a esta estación, creo que vou botar de menos aquela baixada tranquila, en soedade, desfrutando do esquí mais tradicional nun dos lugares mais maravillosos do mundo da neve.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s