E tí tamén lle chiscas?

Chiscalle

O pasado sábado 19 de outubro tiven o pracer de asistir ao parto dunha nova criatura fotográfica chamada Chíscalle.

Chíscalle nace como unha asociación fotográfica, xestada por David Mella, Ángel Silva e Alejandro Piñeiro, e ubicada en Lalín, co fin de convertirse nun punto de encontro na comraca do Deza para todos os afeccionados á fotografía. Comezan con moito pulo, cun calendario de actividades moi completo para o que queda de 2013, e tamén con datas da axenda do vindeiro ano xa ocupadas. Para isto contarán cun elenco de colaboradores dispostos a compartir con todos os seus coñecementos e a súa experiencia no mundo da fotografía.

Para o acto inaugural, ademais do discurso de introducción de Alejandro Piñeiro, tiveron o acerto de contar con outros 3 grandes fotógrafos do país, que ofreceron un coloqio mais que interesante, deixando unha xornada redonda.

A primeira en falar foi Marga P. Díaz, a quen sempres é un pracer reencontrar unha e outra vez. Deu unha explicación da orixe da súa exposición “De minimis”, tamén presente no acto inaugural,  así como de futuros proxectos que ten xa postos en marcha. Non vou caer no tópico de “pouco hai que dicir de Marga”, porque si hai que dicir, e moito. Como ela afirma, a súa fotografía non é nin técnicamente difícil de facer, nin precisa de grandes prodixios de porcesado. Sen embargo a paixón e a imaxinación que ela pon fotografiando obxetos cotiáns, cos que tropezamos todos os días e non damos a mais mínima importancia, fan que as imaxes que crea non cansen de velas unha e outra vez, converténdoa nun referente para moitos outros afeccionados.

A continuación, e tamén presentando a súa colección de fotografías sobre o campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, falounos Daniel Candal, a quen non coñecía e tiven o pracer de poñerlle cara neste encontro; un xoven fotógrafo, pero de grande talento, que a ben seguro que chegará moi lonxe neste eido. A súa exposición é unha colección de fotografías que tratan de mostrar o horror dun campo de exterminio nazi desnde un punto de vista actual, co gallo de facer persisitir na memoria aqueles erros que nunca se deberían repetir. Moi recomendable.

Para rematar, o último en falar foi un descubrimento para min, pois non coñecía mais que parte da súa obra. Tratase do compostelán Fuco Reyes, fotógrafo consagrado recoñecido con varios Premios Nacionais de Fotografía LUX, otorgados pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de España. Fuco ofreceunos unha reflexión profunda pero cargada de humor sobre o por que de ser fotógrafo, analizando os pros e os contras que ten unha actividade tan gratificante como esta.

Para clausurar o acto, e dando sentido a este tipo de eventos, reunímonos a tomar algo e parolar todos os amigos que coincidimos alí. Foi un pracer volver a xente de O Rosal, de Monforte, de Ourense, do Carballiño, de Chantada, de A Estrada e do mesmo Lalín. Agora só agardamos que Chiscalle teña un percorrido cargado de éxitos e nos siga a brindar oportunidades de xuntarnos todos os que desfrutamos aprendendo e compartindo facendo fotos.

Longa vida a Chíscalle!!

PROGRAMACIÓN 2013 de Chíscalle

19 de Outubro as 16:30 no auditorio municipal de Lalín.

2 de Novembro, na aula do Cemit en Lalín Curso de “Iniciación a Fotografía”.

16 de Novembro faremos unha pequena “charla de fluxo de traballo” no Fogar de Breogán no comedor mediaval.

  • Charla de fluxo de traballo da man de Chíscalle.
  • Posiblemente acompañaranos na charla Mark director de  Zlick para terminar a charla de fluxo de traballo co tema impresión, amosaranos os resultados de diferentes papeis e tamen como facer unha boa xestión de cor a hora de imprimir.
  • Hora do curso as 16:30.
  • Churrascada no mesmo sitio, 14€ comida, postre, cafe e chupitos.

30 de Novembro “Saída fotográfica”.

  • A idea e facer unha saida fotográfica pola zona e quedar todos xuntos na estación de autobuses as 09:00h. da mañán.
  • Xantar no Fogar de Breogan as 14:00, 14€ comida, postre, cafe e chupitos.
  • Sesión de fotografías comentadas a partir das 16:30, cada un escollerá un máximo de 5 fotos das que sacou en toda a mañan.

7 de Decembro excursión O Caurel levaremos como guía a Guillermo Díaz Aira, Chamándolle  ”saída Fotográfica de Inverno”.

  • Ainda estamos baraxando posibilidades de negociar ca Aldea do Mazo ou as tres casa de Paderne  depende da xente que se queira apuntar teríamonos que organizar nos coches xa que sería a mellor forma de desplazarnos alí.
  • Nesas datas teremos, fervenzas, neve, regatos, etc..

21 de Decembro “Curso de composición fotográfica” da mán de Ivan Barreiro

  • Curso de composición fotográfica na aula do Cemit en Lalín, cun prezo por persóa de 20€.
  • O curso terá un horario de 10:00 a 14:00 e de 16:20 a 20:30
  • Faremos a céa de nadal de Chiscalle no fogar de breogán, prezo por determinar.
Advertisements

5 pensamentos sobre “E tí tamén lle chiscas?”

  1. Moi dacordo con todo. Encautoume estar alí.
    Non coñecía a case ninguén pero un pracer coñecelos.

    Abel, a ti non te coñecín, pero dou boa fe de que alí polo menos había dous persoas que foron xuntas, unha dende Vigo e a outra dende Baiona. Ata aquí chegoú a estela de Chíscalle.

    Grazas. Voltaremos seguro.

    Bicos.

    1. Cómo me ía esquecer do fulano rosaleiro? Eu quedei un anaco, pero tamén tiven que marchar. Pero ben seguro que nos atopamos noutra para chiscarlle!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s