Mais experimentos (esta vez con Noa)

Con este tempo chuvioso non me apetecía moito saír coa cámara onte, pero tela nas mans era inevitable, así que decidín facer algúns experimentos mais coa Fuji X-Pro1, este vez a ver si é certo que aguanta os ISOs altos como se di. E nada mellor para iso que o salón en penumbra, e Noa, a nosa gata mis nova.

Forzando o diafragma so Fujinon XF 18-55 F/2.8-4 OIS au máximo da súa apertura, e levando a velocidade a un punto que dese garantía de non ter trepidación (1/60), a cámara pedíame ISO 6400. Con Noa medio durmida e facil encadrar, enfocar e finalmente, o disparo. Esta é a foto resultante:
Image

 

Segue estando bastante escura, así que subo exposición en Camera RAW, algo de contraste e ilumino as zonas de sombras:
Image

Agora xa comeza a aparecer con mais notoriedade o ruido, sobre todo ao levantar as zonas mais escuras, como nas dúas esquinas inferiores, na pata e na cola de Noa. Paso a foto por Dfine 2.0, para suavizar algo o ruido:
Image

Parece que se disimula algo o gran nas zona mai claras, anque se segue a percibir nas escuras. Aínda así, hay que ter en conta que a foto está tirada a ISO 6400, confirmando a altísima calidade do sensor X-Trans en formato APS-C sen filtro de paso baixo que monta a Fuji X-Pro1, cuns resultados moi superiores a moitas outras cámaras do mercado tanto reflex como sen espello. Desde o meu punto de vista, a pesar de ser un ISO elevado seguen a ser unhas fotos moi utilizables, sobre todo si se fai o procesado en brando e negro:
Image

Vos como o vedes?

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s