Infancia roubada

No photo... Money!
No photo… Money!

Góstanme as fotos con historia, e esta ten…

Foi tomada en agosto do ano 2010, durante unha viaxe que fixemos a Cabo Verde, no pobo de Palmeira. Daquela eu usaba unha cámara HP PhotoSmart 945, unha bridge moi maliña, e escaso interese pola fotografía creativa, pero ainda así é unha toma que puiden rescatar e volver a editar.

Palmeira é un pequeno pobo mariñeiro, ao leste da illa de Sal. A maior parte dos varóns saen a faenar ao mar de mañá cedo. Unha vez que chegan á terra, mentres as mulleres fan as tarefas do fogar, son os rapaces os que se apostan nos peiraos dispostos a limpar o peixe a aqueles que estén dispostos a comprarllo aos seus pais. Pero para eles non é hora de xogar nin de ir a ninguna outra escola que non sexa a da vida.

Esta escola tamén lles ensina a aproveitar calquer recurso para obter unha contrapartida económica, e as fotos dos turistas pode ser un deles. Ante a mais mínima insinuación de tentar quitarlles unha foto tapan as facianas coas mans, berrando “No photo, no photo… Money!”. Evidentemente, calquer moeda que caia nas súas mans non acabará nos seus petos, pois para iso están os pais vixiantes.

Estando advertidos desta circunstancia, nós xa fixéramos acopio no bufet do hotel de toda bolos, marmeladas e toda clase de lambetadas para darlles aos rapaces. A verdade é que foi sorprendente ver como prácticamente permanecían impasibles ao darlles cartos, que iban directamente ao peto, sabendo que non ían a ser para eles, pero tornaban as caras en absoluta ledicia cando les dabamos as larpeiradas.

Era ese o momento cando realmente voltaba a aflorar esa infancia que semellaba que lles fora roubada., facéndonos lembrar que non debería haber no mundo ningún rapaz que non teña a oportunidade de fartarse a xogar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s