Experimentando con Simón

Simón @ Arévalo

 

Espero que ao meu gran amigo Simón no lle importe ser obxeto e mostra deste experimento… Seguro que non!

Non me considero bo retratista (anque sexa una faceta na que pretendo mellorar) nin me gustan as fotos de xente coas gafas de sol postas. Non van por ahí os tiros. O obxeto desta foto era o de probar como traballaba, mediante un adaptador, un obxetivo Pentacon Prakticar auto 50/1.8 MC no corpo da Fuji X-Pro1. Esta óptica, coñecida en algúns foros coma “bokeh monster” é unha lente antiga de rosca M42, fabricada na antigua República Democrática de Alemania, sendo unha copia do Meyer Oreston 50mm f/1.8. Esta unidad, concretamente, pertence a meu pai, e foi comprada aproximadamente en 1975, xunto cunha cámara Praktica superTL2. O obxetivo pódese atopar a venda de segunda man por menos de 30 € fácilmente.

Sendo unha lente para cámaras de 35mm, debido ao factor de recorte dos sensores APS-C, na Fuxi X-Pro1 convírtese nunha lente de focal de 75mm, o que unido ás sua xenerosa apertura o convirte nun obxetivo mais ben indicado para retratos. Sendo manual, facilita moito a labor de enfoque a tecnoloxía “Focus Peaking” da Fuji, que nos permite, usando o modo de visor electrónico, resaltar cuns brillos aquelas partes da escea que están enfocados segundo movemos o anel da lente.

Anque non sexa unha foto moi boa, pódese observar que, disparando a  f/4, segue dando un enfoque moi suave, sen transicións violentas. Como pega a poñer, é que o desenfoque non chega a ser todo o circular que a todos nos gosta, debido á rudimentaria construcción do diafragma de 6 palas con bordes non o suficientemente curvos. Con menos apertura este efectao acentúase, mostrando ademais outro defecto desta unidade, que non cerra todas as palas uniformemente.

Sen emabrgo, para acadar resultados similares con ópticas modernas é preciso a acceder a obxetivos de prezos moito mais elevados coma o Fuji XF 60mm F2.4 Macro, que anda por 650 €; así que creo que vou sacar bastante partida a este adaptador de roscas M42 a montura Fuji X, tanto co obxetivo probado nesta foto como cos vindeiros que han de chegar. Seguirei aportando mostras.

Advertisements

8 thoughts on “Experimentando con Simón”

    1. Pódese negociar… Cando e onde?
      Si ven a choiva, tamén ñé posible que nos acheguemos a unhas xornadas micolóxicas en Cee. Estaremos aloxados en Nemiña.

  1. O Camiño dos Faros é cada 15 días. Na primeira edición era os domingos e agora faise os sábados. Toca este fin de semán, pero como o sábado 28 vaise facer a Marcha Verde polo Monte Pindo, aplazaron a ruta ata o domingo 29 para poder participar na Marcha Verde. Por certo ¿cando son as xornadas micolóxicas en Cee?

    1. Acaba de confirmarme Isa, é os días 5 e 6 de outubro, anque se trata de un curso práctico de micoloxía, non de unhas xornadas; organízao Marcote.
      As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte caen habitualmente a principios de novembro.

      1. Casa Fontequeiroso. Ainda estamos agardando a que nos confirmen si podemos levar á nosa socia cuadrúpeda.

  2. Acabo de falar con Maricarmen, a dona de Fontequeiroso e me dice que sí, que podedes levar á cadela (excepto no comedor). Xa veredes, o trato é boísimo, e os almorzos chegan para non xantar en todo o día 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s