A Rapa das Bestas

Como todos os anos, o primeiro fin de semana de xullo celebrouse a tradicional Rapa das Bestas na aldea de Sabucedo, en A Estrada. Despois de ter ido un montón de anos, e botar outros tantos sen pasar por alí, nesta edición decidinme a voltar, pero con un propósito concreto: sacar esas fotos que nunca fixen.

image
Sabucedo 2013

Contactei con outros 4 fenómenos (Emilio, Lupe, jaime e Esther) e xunto con Isa e Lola, alugamos unha casiña e compramos entradas para o curro do sábado. O resultado, un auténtico fiasco para min. Estar pendente de contarlle aos acompañantes o que pasa, que non me pisen a mochila, que non me caia o 24-70 que tiña no colo… Todo fíxome ir ás presas, e en vez de tirar con prioridade á apertura e seguimento de foco, botei toda a tarde cunha configuración inadecuada da cámara, de xeito que poucas fotos se salvaron, e mais pola maxia do procesado que por outro motivo.

image
Sabucedo 2013

O caso é que vin a festa demasiado desvirtuada. Pasamos de verbenas amenizadas por grupos a orquestras vulgares. Unha das partes mais bonitas da festa, a baixada dos cabalos, faise o venres pola mañá, de xeito que xa non se pode participar. Ao final acabouse convertindo nun evento festivaleiro perrofláutico e psicotrópico… Unha mágoa.

image
Sabucedo 2013

Debido ao estrepitoso fracaso, o sábado seguinte decidín achegarme á Rapa das Bestas de Amil, no concello de Moraña. Sorprendeume nada mais chegar que tamén habia montado un tinglado de orquestras, pulpeiras e incluso campamento, tentando achegarse ao concepto de Sabucedo.

image
Amil 2013

No tocante á fotografía, o feito de estar concentrado no que ía a facer permitiume obter un set de fotos bastante mais decente que o da semana anterior; nin a luz nin a plasticidade do lugar tiñan nada que ver, bastante peores, pero obtiven mellores enfoques e encadres.

image
Amil 2013

Non obstante, non me gustou o curro en si, e que me desculpen os de Amil. Os cabalos reduncense entre 5, 6 ou 7 persoas, e túmbanos á forza, mentres que en Sabucedo só interveñen 3 aloitadores por cabalo, e rápanse de pé si é posible. Tampouco me gustou a actitude de varios aloitadores, mais preocupados de lucirse de cara aou público e os amigos que de facer o traballo que ían facer, facéndose os valentes e montando cabalos que despois non se rapaban.  Tamén hai que dicir que había algúns que si demostraron que o que facían alí o tomaban en serio, pero eran os menos.

image
Amil 2013

A parte positiva é que por fin puiden obter algunhas fotos de algo tan noso como a Rapa das Bestas, que que son moi consciente dos erros cometidos, de xeito que en próximas ocasións terei a posibilidade de ir mellorando o que fixen.

image
Amil 2013

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s