Invisibles

Este sábado tiven o grande acerto de achegarme á Fundación Gonzalo Torrente Ballester, onde o Fotoforum Compostela organiza unha exposición fotográfica chamada “Invisibles”.

Trátase dunha expòsición solidaria de 44 obras de outros tantos autores, na que cada un deles trata de amosarnos alguha situación, algún concepto, algunha vivencia que por  evidente, por esquecimento ou por cotiá xa se fixo invisible aos nosos ollos, pero seguen a ser reais. Ademais calquera das obras se poden adquirir mediante unha doazón única de 50 €. A recadación da exposición está destinada a aportar fondos á campaña “Xuntos Podemos”, para axudar a familias da comarca de Compostela que están en risco de exclusión social pola falta de emprego.

Dende o punto de vista artístico, hai obras enormes, que removen cousas por dentro e que fan pensar. Grande sensibilidade de moitos dos artistas que están a expoñer. É un orgullo ver a cantidade de talento que hay moi perto da casa, e non quero citar a ninguén en concreto, pero sendo moi elevado o nivel xeral, hay unha media ducia de auténticas xenialidades.

Por outro lado, a visita foi dobremente satisfactoria, xa que acudín coa nosa sobriña de 14 anos, que cada día está mais interesada pola fotografía, e que ao saír me manifestou a súa satisfacción por ter vido á exposición. Esta rapaza apunta alto, e dentro de unhas semanas terémola aquí en Vigo facendo o seu primeiro curso de fotografía para xóvenes (realmente sinto envexa de non ter descuberto antes esta afección…)

A exposición non ten desperdicio, merece ben a pena achegarse, a anímovos aos que vos acheguedes por Compostela, lle roubedes uns minutos ao reloxio e vosa pasedes a botarlle unha ollada.

Podese ver dende o 6 de xuño ao 5 de xullo, na citada Fundación Gonzalo Torrente Ballester, no nº 7 da rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

http://fotoforumcompostela.wix.com/inicio#!exposicion-solidaria/c13i5

ImaxeFot

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s