Romper as regras… cales?

Últimamente oio demasiado o tópico de que na fotografía “as regras están para rompelas; e sen embargo, a min só me sona a excusa, a unha xustificación de aqueles que non teñen o mais mínimo interés por saír da mediocridade.

O abuso da frase acabou convertindo isto nun “todo vale”, cando en realidade moitos ignoran cales son esas regras que presuntamente hai que romper sempre que se poida…

Esas regras refírense a uns aspectos básicos referidos á composición:

  • A regra dos tercios: situar os focos de interese nas interseccións das liñas que resultan de dividir a imaxen en 3 tercios verticais e 3 tercios horizontais,
  • A regra da mirada: deixar sempre espazo cara onde mira o noso suxeito, non detrás del.
  • Enfoque: poucas explicación fan falla, pero a psicoloxía dinos que a nosa mirada vaise dirixir sempre a onde haxa mais nitidez.
  • Encher o encadre: non deixar espazos valeiros que non aporten á composición.
  • Facer caso do fotómetro: non permitir luces reventadas nin sombras empastadas.

Unha vez que coñezamos (e dominemos) as regras de composición é o memento de comezar a rompelas… pero con sentidiño. As normas está ben transgredilas cando a imaxe o pida, cando sexa necesario, pero non facelo de forma sistemática porque si. Nin, por suposto, usalo como excusa porque nos olvidamos de algunha delas, e non nos gusta certo comentario. As críticas hai que aceptalas con humildade, pois todos nos trabucamos, e asumir a súa parte positiva, que simplemtente é que nos axudan a mellorar.

 

image

 

  • Nesta imaxe de Andreas Gursky (Rhine II, 2009), o autor pasouse polo forro a regra dos tercios. Foi subastada en $4.3 millons… a min non me di nada.

O que mais abunda e a ruptura da regra dos tercios. Coloco todo como Dior me da a entender, e despois, “as regras están para rompelas, e eu son un antisitema; tamén o era Cartier-Bresson”… O carallo. Cartier-Bresson respetaba outra regra moito mais armoniosa nas súas composicións, que era a proporción áurea, da que a regra dos tercios non é mais que unha versión simplificada. Divídese a imaxe en 2 partes, onde unha é a metade da outra. O mesmo na outra dirección. E de novo o mesmo nas duas dirección verticais. E obtemos algo coma esto:

 

image

 

Outra posibilidade da sección áurea é a chamada raíz de 5: dividimos a escena en 3 seccións horizontais, onde cada unha das laterais é a metade da central, e o mesmo en vertical. E obtemos algo coma isto:

 

image

 

Voltemos a mirar a Cartier-Bresson… igual xa non é tan transgresor, verdade? E Gursky?

 

Persoalmente, a que mais soio romper é a de encher o encadre. Gústame o énfase que dan ao suxeito os espazos negativos, anque sexa algo que hai que controlas, non sexa que acabemos facendo unha foto vacía de contido e sen forza.

O que teño claro é que non son un tipo tan transgresor como as miñas fotografías poidan reflectir. Simplemente é se me foi algunha norma básica e mais nada. Xa tentarei que non se volva a repetir.

Deixémonos de pamplinas, leamos e centrémonos en que cada fotografía sexa mellor que a anterior. Poucas cousas hai mais edificantes que empurrar e loitar por superarse a un mesmo, e vencer esas forzas escuras que nos atenazan na mediocridade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s