HDR sucks!

Vaia por diante que o que aqui vou escribir é unha opinión estrictamente persoal, baseada en criterios subxetivos e particulares. Tratará sobre esa moda de crear fotos HDR (alto rango dinámico), unha técnica na que se combinan 3 ou mais imaxes do mesmo encadre con distintas exposición, das que un software escolle as partes óptimas en canto ailuminación de cada toma e as combina nunha soa.

Para min, o problema non está na técnica en si mesma, senón nos medos para acadala. Proliferan varias ferramentas (Photomatix Pro e HDR Efex Pro 2, fundamentalmente) que automatizan todo o proceso, ofrecendo ademais algúns presets preconfigurados. Tamén dispoñen de posibilidade de facer axustes manuais, pero en vista dos resultados do 95% dos HDR que proliferan, case ninguén fai uso deles.

Os resultados son ser imaxes esaxeradas, con colores supersaturados, contornos excesivamente marcados e unha predominancia de halos nos bordes que acaban conformando unhas imaxes completamente irreais, nas que ten o mesmo enfoque o suxeito que está a 1 metro e mais o fondo que está a 300. Para min son obras que se alonxan da fotografía para achegarse mais ao terreo da ilustración. Non é que os HDR teñan que ser naturais obligatoriamente, pero é que á xente estáselle indo a man; sobre todo por descoñecer o software e descoñecer os procesos que traballa.

 

image

  • Xa non sei si é unha foto ou é un debuxo…

Ademais desta falla de criterio, tamén se ven outros errores frecuentes, que empeoran a calidade destas fotos:

Disparos a man: anque as aplicacións actuais de retoque apilan de xeito espectacular os brackets creados, hay que ter en conta que, sobre todo no uso de focais angulares, pode existir unha distorsión xeométrica do obxetivo que o software non é capaz de arranxar. Por favor, usen trípode…
Exceso de ruido: o HDR tende a esaxerar o ruido, polo que as fotos tiradas a ISOs altos acaban con mais grans ca uha paella. Si usásemos trípode poderíasmo tirar con ISOs baixos…
Banding: cando se tira en JPG, o software pode non ter información suficiente para reconstruir a imaxe, tendo que inventar tonos, e aparecendo bandas nas zonas de transicion entre tonos da mesma cor. Iso soluciónase perfectamente tirando en RAW, e facendo axustes globales para todo o bracket.
Sobresaturación: si cando revelamso as imaxes que conforman o bracket subimos a intensidade ou o contraste, o HDR vai tender a esaxeralo. Si queremos colores mais vivos sempre poderemos axustar a imaxe final.
Bordes excesivamente marcados: xeralmente os HDR acaban tendo un aspecto moi áspero, con texturas demasiado marcadas. Si se envían as imaxes orixinais con unha definición moi axustada, de novo, e igual que no caso anterior, o HDR vai tender a esaxerar iso. A lave está nos detalles; xa seiq ue pode ser moi divertido xogar con controis e presents que nos dan unhas estructuras moi altas, pero poden chegar a aparecer defectso si non se sabe o que se está a facer; os microcontrastes e excesos de estructura acaban criando fenómenos de ruido, ceos desiguais e halos arredor dos obxetos. Ademais, en calquer manual básico nos van dicir que o enfoque se ha de facer ao final do fluxo de traballo…
Imaxes lavadas: nunha foto, as sombras deben ser escuras e as luces brillantes. Sen embargo, os HDR esaxerados tenden a coller a zona óptima de cada toma, e o resultado son imaxes planas, de tons moi lavados. Debese evitar a compresión máxima de tonos, e volver a deixar os axustes locais para o final do proceso, no editor de fotos habitual.

 

image

  • A onde merdia imos con este ceo???

 

Os píxeles son baratos, e parece divertido e sinxelo facer HDRs. Pero como xa dixen, esta democratización derivou nunha falta de criterio en canto a súa aplicación, en situación que realmente non o requieren, só polo gusto dunha estética bastante hortera. Dende o meu punto de vista, o HDR ten unha aplicabilidade concreta: esceas de alto contraste onde se excede o rango dinámico do sensor da nosa cámara. Pero cando ó único que se ten é un martelo, todo parece un cravo. O HDR pode ser unha boa ferramenta, pero non é a única. O procesado por zonas ou usar filtros e iluminación artificial tamén dan moi bos resultados, e así non se precisa mais que unha imaxe.
Noutrods casos trátase da composición. Si non hai un encadre acertado detrás, por moi bo que sexa o mapeado de tonos, non hai mensaxe, e a imaxe está baleira. E ao revés, é perfectamente posible arruinar compsición excelentes con procesados HDR noxentos.

 

image

  • Hortera, chabacano, vulgar

No fondo, e isto é unha elección persoal miña, trato de escapar dos botóns máxicos. Non me gustan as ferramentas automatizadas, e só as emprego unha vez que coñezo perfectamente o proceso que hai detrás delas. Por ista razón deixei de usar Portraiture en troques de técncias manuais de suavizado de pel en retrato (filtro paso alto invertido, separación de frecuencias…), ou cambiei Silver Efex Pro por outros me´todos de paso a branco e negro, coma o de Rob Carr ou durante o revelado en Camera RAW. Co HDR pásame o mesmo, abandonei xa hai tempo esta moda infame por non controlar o que pasa debaixo, e nos poucos que fago uso ferramentas libres como Enfuse ou técnicas como a de Guillermo Luijk e o seu Zero Noise.

 

image

  • Isto si que é un HDR como ten que ser (anque non o pareza)

 

En definitiva, o HDR converteuse nun recurso para lacazáns e preguiceiros, fotógrafos sen gañas de romperse a cabeza en “qué será o que lle vai mellor á miña foto”, onde o mais fácil é darlle a un botón e esperar que unah cousa traballe por nós. Hai que ler, formarse e practicar e ter mais recursos, pois de outro xeito só teremos galerías con fotos iguais unhas as outras. E facédeme outro favor: nunca, nunca, nuca se aplica un HDR a un retrato.

Polo que a min respecta, o HDR que abunda por ahí, cheira que fede.

 

image

 

Advertisements

Un comentario en “HDR sucks!”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s